Ruta PR-G 203

Esta senda da comezo nun espazo urbanizado, pero de especial encanto por ser o casco histórico do pobo. Na parte esquerda da ponte dos Ferros (Ano 1376), con dirección ao paseo que hai ao carón do río Eume detrás da igrexa de Santa María (S.XVI), para atravesar unha das pontes emblemáticas do municipio, a Ponte de Isabel II (Ano 1862). Continuando pola marxe esquerda río arriba chegamos ao lugar chamado A Cuiña, o cal da entrada a unha fraga atlántica de ribeira durante un bo anaco da nosa caminata, onde poderemos desfrutar dunha gran variedade de fauna propiamente autóctona. Continuando o percorrido chegamos a parte máis abrupta da ruta na que nos atoparemos con un panorama industrial de gran envergadura como é a muralla do encoro da Ribeira, a cal teremos que atravesar para comezar o descenso do río contemplando unhas das planta de luz máis antigas da vila e un área lecer (a ribeira Nova).

Seguiremos río abaixo ata pasar ao carón do muíño de prieto, xa no Parque do Eume, un espazo de gran natureza que quere gañar importancia frente ás urbanizacións que prentenden ocultalo.

Un pouco máis abaixo teremos que pasar por debaixo de dúas grandes pontes para poder facer o percorrido o máis próximo á beira da auga, para chegar case o remate onde poderemos contemplar unha gran construcción como e o muíño de Alende (Ano 1805) onde se pode leer uns paneis coa fauna e flora máis cotiá de todo o percorrido.


Compartir

Datos da ruta